O BNG ante a entrada en servizo dos Avril: "Non serven de nada billetes a 18 euros se este prezo é só promocional"

O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril a Galicia, así como unha política tarifaria para as "maiorías sociais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril a Galicia, así como unha política tarifaria para as "maiorías sociais". Ante a próxima entrada en funcionamento dos novos trens, a formación nacionalista pediu servizos e frecuencias que permitan ofrecer ás galegos conexións entre os principais pobos e cidades.

"Non serve de nada que agora anuncien billetes a 18 euros se isto é só promocional temporal e, sobre todo, se non se resolven os prezos abusivos que Renfe está a manter nos Alvia e mesmo nos Avant. Por tanto, hai que cambiar esa política tarifaria para facela accesible ao conxunto da sociedade", apuntou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

"Aínda non temos información sobre a planificación dos servizos e das frecuencias. Renfe só avanzou que haberá dous servizos ao día na conexión Vigo-Pontevedra-Vilargcía-Santiago-Ourense-Madrid e outro de volta", indicou Rego. Neste sentido, o BNG lembrou que "leva meses" solicitando a planificación dos trens Avril e, "independentemente de problemas temporais, é de supor" que Renfe contará cunha previsión de servizos a prestar cos novos trens.

"Renfe está a comunicar con pouco tempo de antelación os novos servizos para Galicia, o que preocupa aos usuarios. Sería pertinente que informase con tempo da programación horaria dos Avril, das frecuencias, dos prezos e da súa utilidade para a conexión interna no territorio galego co obxectivo de mellorar a cohesión territorial e as comunicacións por tren", subliñou Rego.

Tren Avril
Tren Avril | Fonte: TALGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

as tarifas de renfe son accesibles para o conxunto da sociedade porque en tren viaxan moitos millóns de persoas